HISTORIA


Cobaias é unha adaptación libre do conto infantil Rato de Campo, Rato de cidade, un conto que en esencia fálanos da inseguridade e soidade  que senten as persoas nas grandes cidades.  Cobaias  adáptase a esta realidade a través da inmadurez  da súa protagonista, para reflectir dunha maneira
inocente o seu mundo interior, os seus medos, e a inseguridade que as persoas sentimos ante os
constantes cambios.

______________________________________________________

Cando escribín Cobaias non sabía exactamente onde ía historia, pero si sabía o que non quería: non quería a bágoa fácil, non quería estereotipos, non quería experimentar... Só contar a historia de dúas persoas que perderon o contacto sen saber por qué, algo que ocorre na nosa vida cotiá.”