jueves, 7 de abril de 2011

SEC.4 INTERIOR AULA 28 EAV - DIA

Faise saber:
Tras moitos quebradeiros de cabeza, traballo e nervios, estamos dando as ultimás pinceladas a localizacións e reparto, xa estan practicamente pechadas!!!

As localizacións, serán maioritariamente en Tui e as súas parroquias (Pazos de Reis, Guillarei e Randufe), sacando así a imaxe máis terna e bonita desta pequena cidade fronteiriza, reflexando o noso ben preciado rural galego sen caer nos topicos que tanto dano fan.Os decorados máis urbanitas e cosmopolitas se verán reflexados nas rúas e prazas de Vigo, creando así dous ambentes, dous mundos, opostos.



Referente ao noso reparto dicir que simplemente é impecable.
Contamos con actrices experimentadisimas tanto en teatro coma en televisión, as que lle estamos moi agradecidos de que decidisen prestarnos seu tempo e seu traballo nun soño noso.
Tamén contamos cun xovencisimo Alexandre Couceiro, recen saído da ESAD, pero que ten xa experiencia diante da cámara con dúas curtas as súas costas.

Presentamos ao noso preciadisimo reparto!! :

Marta Rios como Teresa
Apenas fixo televisión (Arredemos, 2007) e cine (curta Cambio Climático, 2006) pero destacamos a súa dedicación en teatro recibindo o premio María Casares á mellor actriz secundaria no 2011 por Volpone.

Isabel Risco como Susana
Actuou en Padre Casares, famosa serie da galega, e Land Rober da mesma cadea, a súa última obra foi a curta Tourettes en 2011

Mariana Carballal como Eva
Largo percorrido en teatro e televisión con series como Pratos Combinados, Matalobos, Libro de familia (directora).

En cine a súa obra máis coñecida foi O ano da Carracha.

Mónica Garcia como Dependenta e camareira
Tamén ten unha longa carreira teatral con obras do talle de As Actas Escuras, do centro dramático galego. En cine aparece en O lapis do carpinteiro e Os Luns ao Sol, entre outras. En televisión actúa en series como Pratos combinados, Valderrei, Terras de Miranda, etc.

Aurora Maestre como Nai
Unha experimentada actriz que participou en series como Herederos, da Televisión Española ou Padre Casares e As Leis de Celavella, da TVG.

Alexandre como Marce
O noso actor máis xove, recen saído da ESAD, pero que xa conta con experiencia diante da cámara.



Por outra parte agradecer enormemente o labor da figuración, xa que sen todos vos non sería o mesmo!, mención especial aos nosos pequenos e particulares Bruno e Iria!




Mañan é o día no que se decide se nos deixan seguir con Coballas (esperamos que si!).


Saudiños!!








Siguenos en Facebook e Tuenti!!!

http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_1489_70983739

1 comentario: