jueves, 28 de abril de 2011

SEC 9 INT CASA NOITE

A apenas 4 días de comezar a gravar nos atopamos cada un na nosa casiña, ultimando os últimos detalles da curta.

Tras moitas semanas de traballo, e moitas malas noticias (a primeira, a caída de Mónica García do noso reparto inicial, a última, a negativa por parte dun dos nosos patrocinadores) vai chegando o momento de levar a cabo todo o plantexado.

Deseádenos sorte e a traballar duro estes días!

miércoles, 20 de abril de 2011

SEC. 8 INT AREA PANORAMICA-DIA

Xa falta menos!!

Tras outra longa semana de traballo individual, Cobaias segue avanzando aos pouquiños.

Para poder facer fronte aos gastos que unha produción de tal calibre xera estamos...
VENDENDO CHAPAS!!
Si, 500 chapas entre catro persoas nun par de semanas!
As magnificas chapas multiposición podense adquirir por soamente un euro, falando con calquera das catro Cobaias : David M. , Sara B. , Tamara A. ou Laura C.. ou nalgúns bares e pubs de Tui coma o Antiqua, o Irlandés ou A gruta.
Hai 3 modelos, faite con todas!!!

Por outra parte agardamos con especial interese a resposta dende outras instituciós as que lle pedimos axuda.

Tamén dicir que cada clik conta xa que temos o blog monetizado!


Colabora connosco!!!



domingo, 17 de abril de 2011

SEC 7 INTERIOR SALA - NOITE


COBAIAS NECESITAVOS!!!

viernes, 15 de abril de 2011

SEC 6 AULA28 INTERIOR-DIA


A ESTETICA DE COBAIAS!

O aspecto estético dos persoaxes baséase principalmente en dúas películas, ou máis ben en dous
directores. Para a vida no rural recurriremos a estética de Jean Pierre Jeanet (Amélie), persoaxes coloristas simulando os contos de fadas. Jeanet fará que a obra audiovisual , non perda a súa esencia: o conto infantil Rato de campo, rato de cidade .



A vida na cidade verase máis coma o cine de Álex de la Iglesia (ou Almodóvar), persoaxes moi caricaturizados, en contraste ca protagonista, ca intención de dar unha visión da xente da cidade coma persoas superficiais e extravagantes. Teresa encontrarase no seu camiño con varias dependientas (nunha gasolinera, nunha tenda...) Este persoaxe debe estar sempre interpretado pola mesma actriz, representaremos así, con movimientos mecánicos e un vesiario uniformado e de cores chamativos , a diferencia de mercar no pequeno comercio (trato cercano e de confianza) e nas franquincias ou grandes almacéns (trato distante, frases de cortesía aprendidas, atención
stándar) . No terceiro acto a casa da súa irmá tentará reflexar o equilibrio entre ámbalas dúas estéticas.