viernes, 1 de abril de 2011

SEC.3 INT. AULA 28 EAV-DIA

Tras moitos días de duro traballo (tanto que non poidemos nin escribir no blog!) isto xa vai tomando forma. Cobaias vaise gravar case na súa totalidade en localizacións de Tui (un lugar moi bonito que habedes de visitar a lo menos unha vez na vida), e iso que pensábamos que conseguir algúns espazos ía ser complicado, temos ata unha gasoliñeira! Por sorte a nosa Directora de Arte supo moverse e encontrar xente disposta a cedernos pedaciños das súas casas ou negocios. Ademais outro dato importante: temos o casting pechado! pero disto non imos falar todavía, preferimos deixarbos coa intriga un anaquiño máis. Só vos daremos unha pista: soaránvos algunhas caras. E ata aquí podemos ler. E non sufrades, a partir de agora trataremos de darvos información máis asiduamente e non ter o noso blog tan abandoado. Pasadeo ben este fin de semana, pero xa sabedes que en ningures ides estar mellor que na casa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario